Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de marzo de 2013

Domingo de resurrección


Malia que os resultados dos equipos da táboa baixa non foron os máis favorables para o deportivo, con dous empates inverosímiles, o certo é que hoxe ao final se fixeron os deberes.

Os deportivistas por fin estamos a encaixar alegrías, e temos motivos para volver soñar. Aínda que seguimos sendo os últimos, xa dende a chegada de Fernando Vázquez vimos unha diferenza palpable, e temos motivos para volver soñar. 

Superamos dúas das tres finais que debemos gañar para marcar un auténtico punto de inflexión, e se todo se fai ben contra a Zaragoza a semana que vén, estaremos a un só puntito da salvación. E os coruñeses volveremos vibrar.

E porque temos a mellor afición, e a afición o merece. Somos de primeira, e por fin estámolo a demostrar. Grazas, Fernando Vázquez; grazas, Riki; grazas, Silvio; grazas VALERÓN.

ECG.

domingo, 24 de marzo de 2013

Soñar é gratis, criticar tamén


O Dépor enfróntase á súa segunda final se quere conservar a máxima categoría. Pero mentres a afición soña, parece que algúns se atan os babeiros ao colo e, como voitres, esperan a ver que anaco poden levarse do club.

La Voz de Galicia estase a pasar tres pobos e medio cos ataques gratuítos contra o club e contra Lendoiro. Non digo que Augusto sexa un anxo, pero mal que lles malia todos os que agora queren que se vaia e que compre o club Amancio Ortega, o club non foi nada ata que chegou el.

El colleu a un club dunha cidade pequena, onde a xente era do barça ou do madrid (maioritariamente do segundo, que burros eramos noutros tempos) e fíxonos relacionarnos cos grandes, soñar mesmo con gañar a Champions. Pero dende hai uns anos pouco a pouco nos fomos dando conta do que somos en realidade, e pasamos de querer clasificarnos para a UEFA a estar a botar contas para a permanencia.

A permanencia é posible, o calendario está ao noso favor, e unha vitoria hoxe sería o seguinte paso na xesta. Collendo o berro da PAH de "Si pódese", a afección aínda está ilusionada, e estalle a dar unha lección moi seria a todos os medios que agora teñen como diana a Lendoiro.

De acordo: un antigo director de escola que se enriqueceu moi rápido, e brazo forte do PP noutros tempos. Mesmo os eternos rumores e insinuacións de mal gusto respecto a vinculacións co narcotráfico corunhés. O dito, Augusto non é perfecto. Pero sendo realistas, agora mesmo no mundo do fútbol, quen o é?

Non somos o club máis endebedado, nin tampouco o primeiro (nin o último) en entrar na concursal, e non obstante quen lea ultimamente os xornais diría que na directiva do dépor se fan ritos satánicos con sacrificios de bebés. O problema dende sempre é a envexa sa, o problema é que custa aceptar que un club pequeno de cidade pequena lograse relacionarse cos grandes e teña unha das mellores aficións que se viron. Próelles a moitos ver que despois do descenso os socios do club non se reduciron, senón que se multiplicaron. A moitos iso dóelles, e por iso ódiannos.

Por iso mesmo, non nos deixemos dobregar polas críticas gratuítas, e recordemos que somos un gran club e unha grande afición. E o importante é que agora imos loitar por bater un récord, e ser o primeiro club da historia que logra salvarse con tan poucos puntos a estas alturas (xa batemos o record de ser o equipo descendido con maior número de puntos da historia, e tamén de ser o campión de segunda división con máis puntos).

E deste xeito, demostrarémoslles que, digan o que digan, ESTA INCHADA NUNCA RÉNDESE.

FORZA DEPOR!

domingo, 17 de marzo de 2013

O fútbol é así... Hugo Mallo e Iago Aspas naceron así




Aínda non son capaz de recuperarme da alegría deste venres. E non sono, porque o meu amado Depor por fin deume motivos para soñar. Pero ao mesmo tempo quero condenar a miserable actitude dalgúns xogadores do Celta de Vigo.

Hugo Mallo no autobús cos aficionados antes do encontro.
Non é que sexa o eterno rival... Ben, tamén, pero a actitude de xogadores como Iago Aspas o Hugo Mallo non se pode permitir. Aínda que estemos falando do derby galego, #oNosoDerby, e xa sabemos que no derby sempre se ten o sangue quente, non pódense facer cousas como o que fixo Hugo Mallo antes do encontro. Dacordo que a rivalidade e moi forta, e eu son o primeiro que di que "ao Celta, nin auga". Pero iso non e motivo para xustificar o chiste del mal gusto que fixo no autocar de camiño ao encontro, chiste que se tivo que comer con patacas. 

Iago Aspas agredindo a Marchena
Así mesmo, ao neno mimado de Iago Aspas, exemplo do que NON debe ser o fútbol, xa lle está ben ter sufrido a expulsión que sufriu. A todo porco lle chega o seu San Martín. Xa dixo un compañeiro seu de equipo que "Se te deitas con nenos, te ergues mexado". 

Malia todo iso, recoñezo quitar o sombreiro fronte á actitude do Celta, impoñendo severas multas a ambos os dous xogadores, e obrigando o primeiro a emitir unha desculpa en público. Un aplauso e os meus máis sinceros respectos cara ao eterno rival, que deu unha boa lección de deportividade á súa afición, que non destaca precisamente por ser moi civilizada.

Pero a cuestión é que o Dépor volve gañar. E malia que non está todo feito nin moito menos, soñamos coa permanencia outra vez. Porque o Dépor é de Primeira, e os que crecemos con el e coas súas vitorias en Europa (como a lendaria remontada ante o PSG), queremos volver gozar con esas tardes de fútbol en Riazor medíndonos cos máis grandes, sendo nós os máis humildes.

O gran Valerón volveu dar unha lección de fútbol, e a mellor afición do planeta segue aí presente. Porque esta inchada nunca se rende, nunca se rendeu nin nunca se renderá. Porque agora nos toca un reto épico de ascender meteóricamente fóra dos postos de descenso ao inferno, pero porque guíanos Fernando Vázquez, como guiou a selección galega, e algúns estamos a empezar a soñar xa cun novo Arsenio.

E unha vez máis, compañeiros, perdoade o meu pésimo galego. Recordade que levo xa uns 15 anos fóra da miña terra, e non teño nunca ocasión de practicar a nosa lingua aquí en terras catalás. Desculpade as erratas que poida haber, que algunhas supoño que deben ser moi grandes, e non dubidedes en corrixirme (e moi gustosamente corrixirei o blog), pois sempre se está a tempo de aprender.

Por iso, sigamos soñando, e sendo unha afección exemplar. Porque os valores deste gran deporte non deben quedar embazados polas débedas, pola entrada na Concursal, ou pola antideportividade que azouta o fútbol maioritario. E recordade, que "ser dos que gañan é moi doado; ser do Deportivo parécenos mellor".

Volvemos a primeira para quedar, e imos quedar. FORZA DEPOR! 

ECG.

jueves, 7 de febrero de 2013

Mi primer blog personal



Después de ser blogger desde hace bastantes años, siempre desde blogs "ajenos", y de aburrir (y/o cabrear) al personal desde mi muro del facebook, al final me he atrevido a crear un blog personal desde donde exponer lo que me venga a la mente, que viene a ser lo que me venga en gana. El éxito del blog de mi (a ratos) estimado progenitor me ha motivado lo suficiente como para querer hacerle una sana competencia, eso sí, sin "acritú".

I tot i ser el castellà la meva llengua materna, com es pot deduïr pel paràgraf anterior, les publicacions d'aquest blog podran ser independentment en qualsevol dels idiomes que domino. El català hi serà molt present al meu blog, en ser la meva llengua d'adopció i la que utilitzo a diari de manera habitual.

E ainda que teño pouca práctica con ela, e o meu falar e moi "gastrapo", a miña terceira lingua tamén presentarase esporádicamente no blog.

También tendría la opción de homenajear al gran Rubianes, que en paz descanse, e inventarme un esperanto entre los tres idiomas para tener contentas a todas las sensibilidades, e incluso incluirle algo de inglés, francés o alemán. Pero ya que mi audiencia será escasa de por sí, debido al insignificante interés combinado con sonoros bostezos que suelen despertar mis parrafadas, no es cuestión de aburrir antes de tiempo haciendo mis entradas aún más indescifrables de lo que ya de por sí serán.

Así pues, os doy la bienvenida al público (poco). Buena lectura en El Guardián de Iberia.


ECG.